Máis da metade da poboación rexeita as consultas médicas por teléfono, segundo o CIS

Os datos, recollidos en todo o Estado, deixan tamén claras as dificultades para explicar síntomas por vía telefónica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2022 | Actualizada ás 15:42

Comparte esta noticia

Un 57,8 por cento da poboación non termina de estar satisfeito coa súa experiencia coas consultas telefónicas en Atención Primaria, segundo do Barómetro Sanitario 2022 publicado este xoves polo Ministerio de Sanidade, quen pregunta pola conformidade desta atención que se veu incrementada coa pandemia... pero que no caso galego tamén vén motivada pola política de contratación do Sergas e a saturación do servizo

A consulta telefónica nos Centro de Saúde subiu notablemente estes dous anos; en épocas de confinamento, foi practicamente a única atención posible, e nos últimos meses mantívose en boa medid do Estadoa ante as críticas de múltiples asociacións de pacientes. Un 39,8 por cento da poboación afirma que última vez que tivo unha consulta na sanidade pública foi por teléfono, fronte ao 57 por cento que acudiu a consulta; mentres durante os últimos doce meses, un 76,8 por cento tivo algunha consulta por teléfono co seu médico de cabeceira ou de familia da sanidade pública.

No entanto, un 40,7 por cento da poboación consultada afirma estar 'Moi satisfeito' (15,3%) ou 'Bastante satisfeito' (25,4%), sinala o Centrou de Investigacións Sociolóxicas (CIS) que ofrece unha primeira onda do Barómetro Sanitario 2022, está primeira realiza no mes de marzo de 2022 con 2.358 entrevistas.

Doutra banda, un 72 por cento cre que este tipo de consultas son máis cómodas para o médico, mentres que existe división de opinión entre os que opinan que é máis cómodo para o paciente (un 45,4% cre que cómodas, un 48% non). En canto a se telefonicamente o paciente pode dar as mesmas explicacións que cando se fai cara a cara, o 64 por cento non está de cordo con esta firmación fronte ao 32 que cre que é igual. Pola contra, o 50 por cento está deacuerdo con que se entenden as indicacións do médico igual de ben que consulta.

Persoal sanitario nun centro de saúde en Ourense
Persoal sanitario nun centro de saúde en Ourense | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

VACINACIÓN

A campaña de vacinación fronte á Covid-19 posta en marcha polo Goberno é valorada moi positivamente pola poboación. Cando menos así o di o CIS, dependente do Ministerio da Presidencia. O Centro sinala as persoas que recibiron algunha vacina, puntúan con 8,56 puntos a organización e desenvolvemento da campaña, segundo do Barómetro Sanitario 2022 publicado este xoves polo Ministerio de Sanidade e o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS). Doutra banda, o 82,8% da poboación manifesta que obtivo un certificado de vacinación e o 8,9% un de recuperación ou de resultado de probas. O 13,1% non obtivo ningún e só o 1,19% descoñece este documento.

AGDSP SOBRE O SERGAS

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública considera "unha boa noticia" a instrución do Sergas ás xerencias para que os centros de saúde poidan acceder a probas diagnósticas de laboratorio e radioloxía, reservadas ata o de agora aos servizos hospitalarios.

Así o informou esta asociación nun comunicado, no que concreta que "no caso de que esta instrución sexa finalmente aplicada", veo "un éxito da estratexia de presión e negociacións das organizacións" que integran o Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia que levan "anos reivindicando a supresión das limitacións de acceso a probas diagnósticas" desde primaria. Esta medida, para a asociación, "mellora a capacidade resolutiva dos centros de saúde" que "redundará nunha mellora na calidade da atención a cidadanía".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta