Últimos pasos para comezar as obras que ampliarán o CHUS en 30.000 metros cadrados

O proxecto vén de recibir o visto bo correspondente. Só queda que o aprobe a Xunta.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/04/2022 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

A Comisión Superior de Urbanismo avalou o proxecto de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), que se tramitará no marco da Lei 3/2016, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, do mesmo xeito que a apliación do complexo administrativo de San Caetano.

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, presidiu a reunión da Comisión Superior de Urbanismo, celebrada o xoves, e da que informou este xoves a Xunta nun comunicado. No encontro, a directora xeral sinalou que esta iniciativa autonómica conta cos informes favorables correspondentes, solicitados pola Dirección Xeral a principios deste ano, tanto a departamentos da Xunta como estatais.

Así, co visto e prace deste organismo, a Xunta destacou que se garante a viabilidade urbanística da actuación pretendida, último paso previo á súa aprobación polo Consello da Xunta, que blindará o seu ordenamento e habilitará a súa construción. Segundo a Conselleria de Sanidade, o proxecto de ampliación do Hospital de Santiago suporá un crecemento de 30.000 metros cadrados, o que significa case un 30% máis de superficie para este centro sanitario, que crecerá en dous do seu tres edificios.

O orzamento do proxecto de execución desta obra é de 68,4 millóns de euros e será unha ampliación cunha incidencia directa no laboratorio de microbioloxía, na área de autopsias, na área de urxencias e, particularmente, nas urxencias pediátricas, nas áreas de endoscopias, nos bloques cirúrxicos, nas unidades de hospitalización, no hospital de día e noutras unidades como mama, pneumoloxía, alerxia, dor, anestesia ou cirurxía plástica e maxilofacial.

Deste xeito, a Xunta sinala que se porá a disposición da veciños da área sanitaria de Santiago de Compostela e O Barbanza un hospital máis preparado para afrontar a demanda das próximas décadas e seguir sumando servizos.

Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo
Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta