Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2022 | Actualizada ás 14:33
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirmou este xoves que o Sergas activou unha alerta por posibles casos de hepatite aguda en nenos.
Segundo explican, o aviso chega tras a información achegada polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias, dependente da Dirección Xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade, que notificou este mércores ás Comunidades autónomas da detección de varios casos de hepatite aguda, de orixe descoñecida, en nenos menores de 10 anos.
Así, desde o Ministerio realizouse unha comunicación a todas as rexións para realizar unha "observación e procura activa" de posibles casos. Comesaña informou de que todos os profesionais de atención primaria, urxencias hospitalarias e extra hospitalarias (PAC) e os servizos de pediatría dos hospitais permanecen vixiantes, "aínda que en Galicia aínda non se detectou ningún caso".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.