Endesa quere mellorar a imaxe dos eólicos con visitas escolares

Endesa Educa reabre as portas das instalacións de enerxía renovable da compañía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2022 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

A Fundación Endesa e o seu proxecto Endesa Educa reabren as portas das instalacións de enerxía renovable da compañía, da división Enel Green Power España, para visitas gratuítas a grupos de escolares.

Esta iniciativa, que tivo que ser suspendida polas restricións da pandemia, é gratuíta e ten unha duración aproximada dunha hora e media. Está dirixida a estudantes de ESO, bacharelato, ciclos formativos e universidades, e busca favorecer o desenvolvemento das súas competencias comunicativas, matemáticas, científicas e tecnolóxicas.

En Galicia, as instalacións abertas aos estudantes son os parques eólicos de Leboreiro, Paradela e Pena Ventosa, na provincia de Lugo, e Corzán, na da Coruña, así como as centrais hidráulicas do Eume, no termo municipal da Capela, e de San Sebastián, na provincia de Ourense.

En toda España, Endesa Educa pon a disposición dos centros educativos un total de 107 centrais visitables: 25 parques eólicos, 10 parques solares e 72 centrais hidráulicas, que poderán visitarse con reserva previa.

Arquivo - Parque eólico. Endesa - Arquivo
Arquivo - Parque eólico. Endesa - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta