Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2022 | Actualizada ás 13:51
Galicia manterá as notas numéricas, xunto coas literais, na avaliación de Primaria e Secundaria, e reforzará as competencias lingüísticas e relacionadas cos contidos STEM en todas as etapas educativas.
Así o anunciou este martes o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, que presentou ante os medios de comunicación os novos currículos para todas as etapas educativas, en consonancia coa implantación progresiva da nova lei estatal, que entrará en vigor en setembro nos cursos impares.
Entre os elementos novos, Galicia reforzará a área lingüística con dúas horas máis en galego e castelán en sexto de primaria --que se detraerán despois do primeiro curso de ESO--, dúas sesións máis de ciencias naturais no conxunto da etapa e a incorporación dun bloque específico de competencias STEM.
Tamén en Primaria, Galicia propón un Proxecto Competencial de Centro como materia espello a Relixión e en sexto introducirase a materia de Educación en Valores Cívicos e Éticos que establece a lei estatal.
En Secundaria haberá unha nova materia de Tecnoloxía e Dixitalización e introduciranse catro sesións de libre disposición para que cada centro decida a materia ou competencia a reforzar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.