Os profesores interinos ameazan coa folga se a Xunta non os "estabiliza" nos seus postos

O colectivo docente anuncia unha mobilización para o martes 26 en demanda dunha duplicación das prazas temporais que serán estabilizadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2022 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

A Central Unitaria de Traballadoras informou de que o profesorado temporal decidiu en asemblea a convocatoria dunha concentración o vindeiro martes 26 ante a Consellería de Educación. Segundo explican, os docentes piden á Xunta a "correcta" aplicación da Lei 20/2021 de Redución da Temporalidade e reclaman, por medio da CUT Ensino, "máis do dobre das prazas publicadas de estabilización".

Citan ademais un estudo da CUT no que cifra a temporalidade no ensino en máis de 2.500 docentes en prazas estruturais desde o inicio do curso, "chegando a temporalidade total a máis de 18.000 profesores no sistema galego". Ademais, a central sindical convoca unha folga para o 3 de maio "de non facerse unha oferta que ampare a todos os docentes contratados por máis de tres anos de forma temporal no sistema público que converterán en indefinida de non variarse ao rumbo das negociacións". O calendario de mobilizacións estenderase durante todo o mes de maio, "sendo a data límite da publicación da oferta de prazas a consolidar o próximo 1 de xuño".

Protesta do profesorado interino
Protesta do profesorado interino | Fonte: profesorprecario.wordpress.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta