Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2022 | Actualizada ás 14:00
O salto de Feijóo á política estatal vén de se seguido por unha atención renovada cara á oposición política en Galicia e, en particular, o BNG de Ana Pontón. A política natural de Sarria participou nestas xornadas nunha entrevista conducida por Gabriel Rufián que, a falta de saír á luz na súa totalidade, xa está dando que falar.
"O problema é que se fai un estereotipo sobre o que nós [os nacionalistas] defendemos que non ten nada que ver", explica a voceira nacional no BNG nunha ampla sala baleira de aspecto industrial --non por nada o espazo de Rufián leva por nome 'La fábrica'--. No minuto e medio que a canle vén de publicar a modo de anticipo pode apreciarse claramente a sombra de Feijóo sobre a entrevista.
"De cero a dez, cando estás gozando de que a xente se estea a dar conta do que é Feijóo?", pregúntalle o parlamentario de Esquerra no comezo da metraxe. Pontón apunta un oito e deixa un pequeno engadido antes de devolver a pelota: "aínda lles falta un pouco", anticipa.
A entrevista de Rufián con Pontón publicarase este mesmo venres, poñendo así fin á semana laboral na que, previsiblemente, Feijóo abandonará a presidencia da Xunta de Galicia para tentar enfrontarse corpo a corpo con Pedro Sánchez e arrebatarlle o Goberno botando man dunha estratexia xa desenvolta por Rajoy ante o fiasco inmobiliario do 2008. No seu lugar quedará Alfonso Rueda, o político calado de segunda fila que nos últimos anos se configurou como o principal defensor da causa Xacobea. O partido pide "tempo" para el".
Ni el mundo termina en Fisterra ni la política es un Santo Grial.
— La Fábrica (@LaFabricaRufian) April 26, 2022
Este jueves, @anaponton, una mujer que vino a revolucionar Galícia y que hace fácil lo que otros hacen muy difícil: hacerse entender.
Suscríbete al canal👇.https://t.co/eDR5xPddCK pic.twitter.com/R0CSyQJ4iF
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.