Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/04/2022 | Actualizada ás 15:36
A Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil mantén aberta unha operación contra a trata de persoas no marco da que este xoves se desenvolveron dilixencias en Santiago de Compostela, ademais de noutras provincias de España.
Así o informaron fontes da investigación, que confirmaron que, no caso da capital galega, este xoves despregáronse axentes da UCO para acudir a rexistros nas céntricas rúas do Hórreo e Laverde Ruiz.
Esta operación, cuxas actuacións permanecen declaradas secretas, desenvolveuse este xoves en varias provincias en España. As mesmas fontes apuntaron que se practicaron varias detencións e rexistros.
Esta prevista, así mesmo, unha segunda fase fóra de España no marco deste operativo que investiga unha rede de trata de persoas que operaba dentro e fóra de territorio español.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.