Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2022 | Actualizada ás 12:33
A Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Arteixo investigou a un veciño da localidade coruñesa de Coristanco por un delito contra a protección da flora e fauna en relación á colocación de cepos prohibidos, despois de ser achado un raposo atrapado nun.
Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron tras chamada telefónica dunha persoa ás dependencias de Carballo, na que informou da presenza dun raposo (vulpes-vulpes) atrapado pola acción dun cepo nunha leira próxima ao lugar de Agualada, en Coristanco.
Tras iso, os efectivos actuantes desprazáronse ao lugar e constataron á súa chegada que no cepo, ademais do raposo, "había restos doutras especies silvestres que foran atrapadas con anterioridade, así como varios lazos para a caza do xabaril". Por iso, a Garda Civil procedeu á identificación do propietario da leira, que foi investigado por un delito contra a flora e fauna, sinalan as mesmas fontes.
A Garda Civil lembra que a Lei 42/2007 articulo 65.1 "prohibe a tenencia, utilización e comercialización de todos os procedementos masivos ou non selectivos para a captura ou morte de animais". "Entre estes procedementos a normativa fai alusión a redes, lazos, cepos, trampas-cepo ou ballestas", conclúe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.