Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/05/2022 | Actualizada ás 20:12
A poboación galega maior de 65 aumenta cada ano, de forma que en 2021 elevouse ata supor o 25,7%, dúas décimas por enriba de 2020. Esta cifra é seis puntos superior á media española (19,8%), segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres.
Segundo as proxeccións do IGE, os maiores de 65 anos suporán un terzo do total (33%) en 2035, ano no que estará no 26,5% en España (cifra na que case xa está Galicia na actualidade).
O índice de envellecemento, que relaciona a poboación de máis de 65 anos con respecto a cada 100 persoas menores de 20 anos, presenta un valor de 163,6 en Galicia, moi por enriba do valor ao redor de 100 no Estado. A previsión é que se alcance o 262 en terrirorio galego en 2035.
O colectivo de 65 a 69 anos representa o 23,9% dos maiores de 65. Mentres, de 70 a 74 anos son o 22,7%, e os de máis de 85 son o 19,6%.
As principais causas de defunción dos maiores de 65 anos son as enfermidades do sistema circulatorio e os tumores. A esperanza de vida aos 65 anos en Galicia é de 21,6 anos de media, ata os 86,6 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.