Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2022 | Actualizada ás 20:16
A Plataforma Consulta Estatal Monarquía ou República mostrou a súa satisfacción pola resposta social á consulta popular organizada en todo o Estado para opinar sobre que modelo de Estado prefiren.
Un total de 14 localidades galegas acolleron mesas de votación, ás que se achegaron centenares de persoas para depositar o seu voto neste "reférendum non vinculante" que conta co respaldo de organizacións políticas como Esquerda Unida, Podemos e o Partido Comunista de Galicia.
Este domingo está previsto que se dean a coñecer os datos da consulta, aínda que os seus organizadores na Comunidade galega resaltan a boa resposta da cidadanía a unha iniciativa realizada "case sen publicidade e sen respaldo económico".
Pontevedra, Baiona, Gondomar, A Illa, Nigrán, Ponteareas, O Porriño, O Grove e Vigo foron os municipios da provincia de Pontevedra onde se puido votar.
Na provincia da Coruña, os cidadáns votaron durante a mañá do sábado en Boiro, Ferrol, Santiago e a cidade herculina.
As mesas máis tardías en pechar en Galicia foron as de Lugo, que estiveron abertas hast as 19,00 horas na rúa da Raíña.
En todo o Estado foron máis de 700 os puntos de votación desta consulta que os seus promotores reivindican como "unha vía de expresión, participación cidadá e un acto democrático".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.