O Concello de Santiago recorre á sanidade privada para formar os seus traballadores

Asina un convenio con HM Hospitales para preparar traballadores en materia de primeiros auxilios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2022 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago de Compostela e a corporación privada HM Hospitales asinaron un convenio para formar aos traballadores de Tussa da ORA en primeiros auxilios e RCP. Mediante o mesmo, os profesionais da empresa municipal realizarán, de maneira gratuíta, cursos teórico-prácticos onde aprenderán protocolos de actuación para responder a emerxencias sanitarias na vía pública como paradas cardiorrespiratorias, desmaios ou accidentes de tráfico.

Así o explicaron, en rolda de prensa, o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños, acompañado polo xerente de Tussa, José Ramón Mosquera; o director de Relacións Institucionais e Proxectos Estratéxicos de HM Hospitales en Galicia, Rafael Silva; e da directora médica de HM Hospitales en Galicia, Pilar Múgica.

Fixérono na presentación do proxecto 'Os minutos da vida', polo que o Instituto Policlínico da Rosaleda formará sobre reanimación cardiopulmonar (RCP) e primeiros auxilios ao persoal da ORA. O Grupo HM Hospitais impartirá gratuitamente dous cursos.

Pilar Múgica remarcou que se trata de aprender técnicas que poden "salvar unha vida", mentres que o concelleiro compostelán non descartou a posibilidade de estender este servizo a outros traballadores. Así o apuntaron tamén os responsables de HM Hospitais, que se mostraron confiados en que esta sexa "a primeira dunha chea de formacións máis".

Presentación do proxecto 'Os minutos da vida'. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Presentación do proxecto 'Os minutos da vida'. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta