As brigadas ecoloxistas quitan os últimos eucaliptos en pé do Portelo da Devesa, en Lousame

A roga comezará ás 09:30 da mañá do próximo domingo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

As Brigadas Deseucaliptizadoras organizan para este domingo, 12 de xuño, unha última intervención para eliminar os eucaliptos da Área Conservada do Portelo da Devesa, que custodia Montescola en Froxán, Lousame, unha zona de 6.000 metros cadrados nas que as Brigadas veñen intervindo desde o ano 2020.

Traballos das Brigadas Deseucaliptizadoras
Traballos das Brigadas Deseucaliptizadoras | Fonte: remitida

A roga comezará ás 09:30 da mañá e terá como punto de encontro o Chán de Avelán (tamén coñecido como “As Minas de San Fins”). O traballo consistirá no apeo dos últimos eucaliptos en pé e a eliminación dos rebrotes existentes.

 

As Brigadas comezaron a súa andaina en Froxán en 2018 e desde aquí expandíronse a outras áreas do país xestionadas por entidades privadas que fan custodia do territorio ou mancomunidades de montes. Nesta ocasión, é a Fundaçom Montescola a que xestiona a área do Portelo da Devesa e que, co traballo das Brigadas, conseguirá eliminar os eucaliptos desta zona, que posteriormente será recuperada con especies autóctonas.

 

No Concello de Lousame contan tamén coa nova área incorporada ás Brigadas da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vila Cova, onde se realizou a primeira intervención o pasado 21 de maio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Non sei a que brigada dirixir a miña queixa desesperada pola lexislación contra incendios que está a desertizar Galicia enteira ! Os eucalíptos paréceme ben eliminalos, pero talar piñeiros de máis de 30 anos simplemente porque están a menos de 50 metros dunha parcela urbana é unha BARBARIDADE ! Sabedes canto son 50 metros arredor dunha casa ? O pinos son parte da nosa paisaxe de séculos pero aquí a ninguén lle importa un bledo desertizar o país enteiro baixo ameaza de multas !