Galicia, de país dos mil ríos, ao país das restricións de auga pola longa seca

Ethel Vázquez critica que os trens Avril non cheguen antes de verán porque son "fundamentais" para o Xacobeo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2022 | Actualizada ás 22:18

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, alertou da situación á que podería enfrontarse Galicia a final de verán se non se toman medidas en canto á seca. Explicou que desde o pasado outubro os meses foron moi secos, especialmente maio, cun 61% menos de precipitacións. Sobre isto, destacou que é a zona Miño-Sil a que se atopa nunha peor situación --en alerta--.

Seca no encoro de Lindoso, na Baixa Limia, que deixa ver a aldea sumerxida de Aceredo
Seca no encoro de Lindoso, na Baixa Limia, que deixa ver a aldea sumerxida de Aceredo | Fonte: Gonzalo Blanco.


"Non podemos actuar no recurso, pero si na demanda", asegurou Vázquez, que apuntou tamén cara ás fugas, "de máis dun 40% de media" e que supón "malgastar auga, enerxía e diñeiro".

A solución, asegura, está na lei de 2019, onde xa se recolle a necesidade de realizar auditorías e colocar caudalímetros, entre outras. Ademais, encomiou a decisión do alcalde de Boborás de limitar as regas, o enchido das piscinas ou o lavado de coches. "Son xestos que debemos aplicar para  limitar o consumo. Se non, podémolo pasar moi mal a finais de agosto", advertiu.

TRENS AVRIL

Por outra banda,  onsidera "practicamente imposible" que os trens Avril cheguen antes de verán a Galicia, o que sería "fundamental" para o sector turístico, tendo en conta que este 2022 é ano Xacobeo.

"Tiñamos un compromiso por parte do Goberno de España para que a Alta Velocidade estivese para o 22 de xuño, pero vemos complicado que chegue dado que os trens aínda están en fase de probas e aínda hai que dar a formación aos maquinistas. Non é o mesmo que a alta velocidade chegue o 22 de xuño que o 22 de setembro. Gustaríame que se cumprise a palabra dada, pero é practicamente imposible", explicou Vázquez nunha entrevista concedida este domingo a Cadena Ser Galicia e recollida por Europa Press.

A conselleira insistiu en establecer un calendario concreto para a chegada dos Avril, necesarios para que a alta velocidade se complete en Galicia. Vázquez valorou moi positivamente ademais a chegada do AVE a Ourense, que supuxo "un antes e un despois" que "cambiou a mobilidade".

Outro dos temas abordados pola titular de Infraestruturas é o derrube de parte do viaduto de O Castro, do que reclaman ao Goberno "máis información". Referiuse concretamente aos informes técnicos do Ministerio. "Gustaríanos que se compartan para axudar a ofrecer solucións", apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta