Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/06/2022 | Actualizada ás 11:56
O comercio electrónico galego dá un gran paso na súa consolidación como sector co nacemento do Clúster do Ecommerce Galego. Esta nova entidade foi presentada dentro do Congreso Atlántico de Mercadotecnia Dixital FLÚOR, que se celebrou en Pontevedra.
O novo Clúster preséntase como "a reunión das empresas galegas que se dedican a vender a través de internet". Trátase dun grupo de compañías que teñen obxectivos, necesidades e dificultades comúns e que se unen baixo esta denominación "para compartir coñecemento, experiencia, ferramentas e custos".
As 10 empresas fundadoras son Carrick, Selmark, Fuikamar, El vino del mes, Krack, Cafés Candelas, Don Disfraz, Aceites Abril, Martín Codax e Cenor electrodomésticos, pero está aberto a máis compañías. "Isto é un proxecto aberto, que está a arrincar, e queremos ser máis socios fundacionais", indica.
"Somos un sector que non nos coñecemos aínda entre nós e pensamos que hai moitas cousas que compartir", afirmou o presidente do Clúster, Xosé Luís Reza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.