O lume xa afecta a 210 hectáreas no Concello de Larouco

Na parroquia de Seadur son 110 hectáreas queimadas e na de Freixido, 100.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2022 | Actualizada ás 21:10

Comparte esta noticia

A superficie afectada polos dous incendios forestais rexistrados en Larouco, nas parroquias de Seadur e Freixido, elévase a unhas 210 hectáreas.

Segundo informaron fontes da Consellería de Medio Rural a Europa Press, o lume rexistrado en Seadur, que segundo os primeiros indicios puido ser ocasionado por un raio, iniciouse o mércores ás 20,59 horas. Debido ao vento na zona reactivouse e permanece activo a esta hora. Conforme ás últimas estimacións, afecta a unha superficie dunhas 110 hectáreas.

Pola súa banda, o incendio rexistrado na parroquia de Freixido empezou ás 7,26 horas deste xoves e as últimas estimacións cifran a superficie afectada en máis de 100 hectáreas.

Un helicóptero no incendio forestal de Mondariz (Pontevedra). MARTA VÁZQUEZ
Un helicóptero no incendio forestal de Mondariz (Pontevedra). MARTA VÁZQUEZ | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta