Asociación de Editoras, Ilustradoras, Tradutoras, Librarías e Escritoras non acudirán ao Consello Asesor do Libro

Din que este organismo non está sendo "útil" para o sector.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/07/2022 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

As cinco principais asociacións do sector do libro galego (Asociación Galega de Editoras, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación, Federación de Librarías de Galicia e Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) non asistiremos ao Consello Asesor do Libro convocado pola Consellería de Cultura e Educación para o vindeiro 15 de xullo.

Feira do libro de Ferrol. XUNTA
Feira do libro de Ferrol. XUNTA

"Consideramos que o desenvolvemento das xuntanzas deste Consello Asesor non está a ser útil para o noso sector, pois nelas non se vehiculan solucións ou saídas aos principais problemas que afectan ao mundo do libro galego", denuncian nun comunicado.

Ao mesmo tempo, queren deixar constancia de que o Consello Asesor, cuxa creación foi unha demanda histórica do sector e así está recollido na Lei do Libro de 2006, "é un organismo imprescindible onde abordar as principais liñas de traballo e de futuro para o libro galego".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta