Envorca un camión cheo de porcos en Lalín

Tiveron que intervir os bombeiros do Deza para coller os animais que quedaron na estrada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2022 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

Dous accidentes de circulación rexistrados na madrugada do xoves nas estradas galegas deixaron dúas persoas feridas, ambos os condutores, que sufriron dous envorcos cos seus vehículos cando viaxaban por Cospeito e Lalín, respectivamente.

O primeiro produciuse no municipio lugués ás 01,30 horas, cando un turismo que circulaba pola estrada LU-111 sufriu unha saída de vía no punto quilométrico 14 e acabou envorcado. O piloto, que viaxaba só no coche, tivo que ser excarcerado polos bombeiros de Vilalba e, posteriormente, foi trasladado polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061 a un centro hospitalario.

Máis tarde, ao redor das 04,30 horas da madrugada, un camión que transportaba porcos envorcou no quilómetro 3 da estrada PO-534, no municipio pontevedrés de Lalín.

O condutor do camión resultou ferido e os animais quedaron soltos pola estrada, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros do Deza e da Garda Civil para velar polas condicións de seguridade na zona.

Algúns porcos soltos tras o accidente dun camión que os transportaba
Algúns porcos soltos tras o accidente dun camión que os transportaba | Fonte: foroanimal.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta