Empresarios galegos asumen o argumentario do PP e cargan contra as medidas de Sánchez

Juan Manuel Vieites tacha de "populistas" as medidas do Goberno central e sobre a inflacción de Galicia, maior que a do Estado, di que "se equilibrará nos vindeiros meses".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2022 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

Os empresarios galegos auguran que o peor da inflación chegará no outono e aseguran que a alza de prezos continuará ata a primavera de 2023. Por este motivo, non esperan a recuperación ata o ano 2024.

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, lamentou que os gobernos e a Unión Europea apliquen medidas "tímidas" que, na súa opinión, están a atrasar "de modo incomprensible" a recuperación.

Nunha rolda de prensa ofrecida este martes, o presidente dos empresarios galegos recoñeceu que a inflación se trata de "un mal endémico" en todo o mundo, pero "non castiga por igual a todos os territorios" e indicou que España "está peor que a media europea polo prezo da enerxía". "Temos que facer deberes", manifestou.

En relación á situación concreta de Galicia --cunha inflación do 11%, por encima do 10,2% do conxunto do país--, Vieites prognosticou que se equilibrará coa de España nos próximos meses.

Fronte a isto, Vieites urxiu a chegar ao pacto de rendas "si ou si", sobre o que sinalou que "o Goberno o está prodigando", mentres que "desde o mundo sindical e algunha parte do Goberno non están polo labor".

"Nós avogamos, igual que a CEOE porque o pacto de rendas sexa un pacto de país, liderado polo Goberno, e acompañado polos partidos e os axentes sociais. Un gran pacto porque é necesario abordar a situación no seu conxunto", explicou.

"MEDIDAS POPULISTAS"

Así mesmo, Vieites tachou de "medidas populistas" as medidas implementadas polo Goberno ata agora para tentar facer fronte á inflación. O presidente dos empresarios subliñou que á subida da enerxía, agora teñen unha preocupación engadida importante: "a subida de impostos a bancos e enerxéticas". Segundo Vieites, "non hai ningún país que produza este tipo de consideracións" e asegurou que isto "vai repercutir nos consumidores" e "non axuda á economía produtiva".

FONDOS EUROPEOS

En relación aos fondos europeos, Juan Manuel Vieites asegurou que hai "falta de planificación" e pediu máis coogobernanza coas comunidades, xa que asegurou que "existe un choque" entre o departamento da vicepresidenta primeira Nadia Calviño e as autonomías.

Por outra banda, denunciou que as empresas sofren nestes momentos por facer fronte aos contratos subscritos coas administracións públicas debido ao incremento dos prezos. Con esta subida dos prezos, Vieites asegurou que se está xerando "un alto risco" nas empresas á hora de presentar ofertas e subscribir os respectivos contratos.

GARANTIR A SUBMINISTRACIÓN DE ENERXÍA NO INVERNO

Ademais, Juan Manuel Vieites urxiu ao Goberno de Pedro Sánchez a asegurar a subministración de enerxía para o próximo inverno e mitigar a presión que a escalada dos prezos está a exercer sobre as empresas e os cidadáns", mentres o mercado enerxético "atravesa tempos convulsos". "Estas situacións necesitan unhas medidas excepcionais e o Goberno teno que facer ver", insistiu en relación o que está acontencendo por mor da guerra iniciada por Rusia en Ucraína.

O pesidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, en rolda de prensa.
O pesidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, en rolda de prensa. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta