O lume de Boiro segue activo tras calcinar máis de 2.000 hectáreas en catro días

Os focos de Verín e Ponte Caldelas permanencen estabilizados.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/08/2022 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

A situación dos incendios forestais declarados durante a pasada semana en Galicia "evoluciona favorablemente" e, segundo a última información trasladada pola Consellería do Medio Rural con datos recollidos ata as 08,00 horas deste luns, só permanece activo o iniciado o xoves na parroquia de Cures, no municipio coruñés de Boiro, que calcinou 2.200 hectáreas. En todo caso, a Xunta asegurou que o incendio "está perimetrado" e "evoluciona favorablemente cara á súa estabilización".

Na extinción deste lume, que afectou tamén aos concellos limítrofes da Pobra do Caramiñal e de Ribeira, traballan nove técnicos, 84 axentes, 144 brigadas, 80 motobombas, oito pas, 15 avións e 12 helicópteros.

Ademais, Medio Rural deu por extinguidos os incendios que permanecían activos no municipio pontevedrés de Arbo. En concreto, o da parroquia de Mourentán foi extinguido ás 23,00 horas deste domingo, cunha superficie afectada de 484,68 hectáreas --364,68 de arboredo e 120 hectáreas de monte raso--. O de Barcela, que se deu por extinguido á mesma hora, calcinou 82 hectáreas --70 de arboredo e 12 de monte raso--.

VERÍN E PONTE CALDELAS, ESTABILIZADOS

Así mesmo, continúan estabilizados os incendios forestais de Verín e de Ponte Caldelas. No da localidade ourensá, que segundo a Xunta se iniciou en dez focos diferentes, a superficie calcinada estimada é de 600 hectáreas, mentres que no de Ponte Caldelas --que afectou tamén a Pontevedra-- arderon xa 380.

Por outra banda, permanece controlado o lume de Caldas de Reis, declarado na parroquia de Saiar e que se estendeu ata o veciño concello de Vilagarcía. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 450 hectáreas. Ademais, a Consellería notificou que extinguiu ás 03,40 horas un incendio forestal no concello ourensán de Calvos de Randín, que se iniciou ás 00,56 deste luns e que afectou a 0,1 hectáreas de monte raso do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

En total, os incendios forestais que se produciron na última semana na comunidade galega calcinaron xa unhas 4.500 hectáreas nas provincias de Ourense, A Coruña e Pontevedra.

Vista do incendio forestal da parroquia boirense de Cures (A Coruña) desde a parroquia de Saiar, en Caldas de Reis, Pontevedra, Galicia.. Gustavo da Paz - Europa Press
Vista do incendio forestal da parroquia boirense de Cures (A Coruña) desde a parroquia de Saiar, en Caldas de Reis, Pontevedra, Galicia.. Gustavo da Paz - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta