Isto foi o que pasou no incendio do Courel Alto contado pola veciñanza que axudou a apagar o lume
A asociación A Volta Grande do Courel remitiu unha longa crónica de como foi o incendio que consumiu a campa e lagoa da Lucenza, entrou no val da Seara e ameazou a Devesa da Rogueira. Unha crónica na que denuncian a falta de medios e de prevención e piden a dimisión do conselleiro do Medio Rural, do director xeral de Montes e da alcaldesa de Folgoso do Courel.