Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2022 | Actualizada ás 12:14
Novidades no mundo editorial galego. Baía Edicións vén de anunciar a presentación do libro Donas de nós, da escritora, tradutora, profesora e animadora cultural castroverdesa Ánxela Gracián, gañadora do X Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022.
O encontro terá lugar no marco da Feira do Libro da Coruña (Xardíns de Méndez Núñez) o martes 9 ás 12.30 horas, e agárdase a presenza da autora, acompañada por Violeta Meléndrez, (integrante do Xurado, influencer e bookstagramer divulgadora da literatura galega nas redes sociais), así como da directora de Baía Edicións, Belén López Vázquez, que se encargarán de facer un achegamento crítico á obra.
No mesmo día e lugar, pero ás 19.00 horas, será a quenda da presentación de O segredo de Caaveiro, novela dedicada ao público infanto-xuvenil da escritora e periodista María Antonia Quesada. Neste acto participarán a autora, acompañada polo historiador, investigador e escritor Xosé Alfeirán e, novamente, por Belén López Vázquez.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.