A Xunta decreta a Situación 2 en todo o Ribeiro-Arenteiro polos lumes do Irixo, O Carballiño e Boborás

O incendio do Irixo crece ata as 680 hectáreas, tras arder más de 200 hectáreas en poucas horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2022 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

O incendio do Irixo, parroquia de San Cosmede de Cusanca, aumenta ata as 680 hectáreas, o que supón unha alza de 210 hectáreas ao longo desta mañá de xoves, segundo as estimacións provisionais da Consellería de Medio Rural.

En declaracións a Europa Press, o alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, explicou que o lume obrigou a desaloxar durante a noite a unha nai e o seu fillo no lugar de Trabazón, aínda que xa puideron volver á súa vivenda.

Neste sentido, o rexedor explica que pola mañá o lume "estaba máis controlado", pero dous focos "reaviváronse", a pesar de que este xoves "non hai vento e non hai moita calor". Por iso, espera ao longo da tarde mellore a situación.

Apunta que no Irixo hai dous focos diferentes, por unha banda o lume que deixou o paso dun tren, cuxas faíscas tamén provocou incendios no Carballiño e Boboras, así como outro lume con afectación tamén aos concellos Lalín e Dozón, que "se supón" que foi intencionado.

A Xunta decretou a Situación 2 en todo o distrito forestal XI do Ribeiro-Arenteiro, pola proximidade do lume a núcleos dos municipios de Boborás, O Carballiño e O Irixo.

Lume en Boborás
Lume en Boborás | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Protocolo Incendios 2022 : Declarar Situación 2 / Sen testigos / Desactivar Situación 2 / Contar Hectáreas Queimadas e publicar o Informe / A iso deberamos engadir a existencia de Trens Incendiarios e Mafia de Pirómanos en cada Concello ! Amén.