Músicas tradicionais do mundo cítanse en Verín

As XXXVII Xornadas de Folclore que organiza a Deputación de Ourense traerá á vila do Támega grupos de Colombia, México e Timor.

Por Galicia Confidencial | Verín | 13/08/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A música de raíz doutros lugares do mundo chega a Verín da man das XXXVII Xornadas de Folclore. Serán músicos e intérpretes de Colombia, México e Timor os que actuarán na vila, traendo ritmos tradicionais dos seus países de orixe. Este espectáculo único terá lugar o luns 15 de agosto ás 22:30 na Praza García Barbón.

Unha das formacións das XXXVII Xornadas de Folclore. Foto: Deputación de Ourense
Unha das formacións das XXXVII Xornadas de Folclore. Foto: Deputación de Ourense

Dende Colombia chega a Compañía Internacional de Danza Paipa, que presentará un concerto composto por bailes de orixe caribeña, andina, do Pacífico, das Antillas e da Amazonía. As súas actuacións caracterízanse polo colorido vestiario e os alegres ritmos do conxunto musical.

México tamén estará presente na vila do Támega mediante o grupo de Ballet Folklórico do Instituto Tecnológico de Celaya. Dende 1974 buscan difundir e preservar a danza tradicional mexicana, ademais de levar polo mundo as raíces da identidade nacional.

Estas actuacións enmárcanse nunhas Xornadas de Folclore organizadas pola Deputación de Ourense. Grupos de moitos outros países percorrerán a provincia parando nas principais vilas e na capital. Desde a organización insisten en que é unha das citas culturais máis agardadas polos cidadáns das vilas de Ourense e celebran que este festival encha a provincia de culturas tan diversas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta