Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2022 | Actualizada ás 13:29
Santiago amenceu este venres cun novo panel informativo vandalizado, no que as cores da bandeira de España tapan as representativas do colectivo LGBT+ que decoraban estes carteis. Se no mes de xullo fora o indicativo da entrada á cidade por San Lázaro o que sufrira esta alteración, desta vez trátase do panel que se atopa en Santa Marta.
Xa daquela, a asociación pola liberdade afectivo e sexual, Alas Coruña, denunciara este acto de LGBTfobia, e agora tamén Compostela Aberta ou o BNG poñen o foco no acontecido. Así, a través da súa conta de Twitter, Compostela Aberta asegura que "a alguén lle molesta que loitemos por unha Compostela diversa" e matiza que non se trata de vandalismo: "É LGBTfobia".
O BNG, pola súa banda, sinala tamén esta discriminación e pide ao Concello de Santiago que repoña o panel orixinal no menor tempo posible.
🏳️🌈 Aconteceu en xullo en San Lázaro e repítese agora en Santa Marta. A alguén lle molesta a bandeira LGTBI nos indicadores da cidade. A alguén lle molesta que loitemos por unha #CompostelaDiversa.
— Compostela Aberta (@compostelaberta) August 18, 2022
Non é vandalismo. É LGTBIfobia pic.twitter.com/HxSS40UV0x
Pedímoslles a @PazodeRaxoi @Milacastross e @mrosonf que repoñan o panel de Santiago de Compostela situado en San Lázaro, que volveu ser atacado pola lgbtfobia https://t.co/T9DxJE3wgG
— BNG Santiago (@bngcompostela) August 18, 2022
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.