Denuncian a destrución dun muro centenario en San Pedro de Rocas: "xa é irreparable"

Dous expertos avisan de que é ilegal introducir excavadoras na contorna do BIC.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2022 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Novo episodio nas denuncias contra as obras da Deputación de Ourense sobre a contorna do Mosteiro de San Pedro de Rocas. Logo de meses avisando da destrución de patrimonio natural, as plataformas implicadas na problemática veñen de elevar o ton e apuntar ao desmantelamento de muros "históricos"... e á denuncia contra un das persoas que lideran as mobilizacións.

Mosteiro de San Pedro de Rocas en Ourense
Mosteiro de San Pedro de Rocas en Ourense | Fonte: Turismo.gal

A problemática de Rocas xorde polo deseño do órgano provincial de desenvolver unhas obras na estrada que leva ao Ben de Interese Cultural, sinuosa e de difícil acceso. A cuestión está en que, no proceso, din as plataformas, está a levar por diante árbores centenarias e muros de gran valor cultural, todo protexido por distintas regulacións administrativas. 

 

A última denuncia vén dada pola chamada Casa da Coutada, unha vivenda de orixe privado que rolda os douscentos anos de antigüidade e que tamén se vería afectada polas excavadoras que rondan o lugar. Un arqueólogo e unha investigadora en historia da arte veñen de presentar un escrito á administración na que avisan da destrución dun muro que formaría parte da zona de protección da casa, tamén BIC.

 

"A pérdida do muro é xa irreversible", apuntan os expertos no documento ao que tivo acceso Galicia Confidencial. Nas mesmas páxinas, inciden que a entrada de excavadoras nun terreo desa natureza está "terminantemente prohibido" pola regulación arqueolóxica de Galicia, ata o punto de que xa non se poderá saber o alcance da destrución desenvolta. 

 

TURISMO

 

Fronte estas circunstancias, dende a Federación de Asociacións da Ribeira Sacra falan de "atentado contra o patrimonio" e cuestión as fins da Deputación nunha obra desta natureza. "As razóns de seguridade para o tráfico, dadas pola Deputación, son absurdas cando nesta estrada non se rexistran accidentes ningúns na DXT. Pero é o malentendido #"turismo a escusa para levar adiante este atentando", inciden. "Un turismo non respectuoso co lugar, invasivo e masivo: a escasos 10 metros da igrexa entran autobuses de gran porte".

 

Do mesmo xeito, dende a plataforma lanzan este interrogante: "Se a candidatura da Ribeira Sacra á UNESCO serve para protexer unha zona de especial valor mundial, como se poden permitir actuacións destrutivas coma esta?"

 

Nas últimas xornadas, as mobilizacións mantidas polos implicados no conflito en Rocas veñen de dar como resultado a denuncia e posta a disposición xudicial do presidente

da Fundación Moreiras San Pedro de Rocas, que segundo recoñecen dende a Federación tentara impedir as obras. 

 

"A Fiscalía deixouno libre sen cargos, pero estas formas de presión constante, de chantaxe e sinalamento público por defender o patrimonio evidencian até que punto vivimos nun mundo patas arriba: quen defenden o patrimonio son citados no xulgado e quen o destrúen contan coa permivisidade do poder", conclúen.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta