Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2022 | Actualizada ás 19:49
A CIG sinala que Inspección de Traballo e a Xunta "certifican" as súas denuncias sobre o asilo do Carballiño, despois de que nos últimos meses alertasen dunha situación de "acoso laboral" e "malos tratos" a traballadores.
Nun comunicado, o sindicato expresa que Inspección de Traballo fíxolle un dobre requirimento á Fundación Hermanos Prieto. En materia de condicións laborais, apúntase á esixencia das quendas e horarios, así como "á obrigación da entrega regular de roupa de traballo", pois "levaban ano sen recibila". En materia de prevención, lémbrase a obrigatoriedade de proporcionar equipos de protección individual, entre outras.
Mentres, indica que a Consellería de Política Social confirmoulle á CIG que requiriu " á Fundación para que cumpra a normativa de atención ás persoas maiores residentes". A CIG indica que as súas denuncias foron o "detonante" de que se producisen diversas sancións e despedimentos no asilo do Carballiño, "auspiciado pola actual xerente do negocio", "coa complicidade do seu padroado, no que están representados o Concello do Carballiño e o bispado de Ourense".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.