Os sindicatos de Inspección de Traballo desconvocaron a súa folga nin sequera pasadas as 48 horas do paro. Logo de anos esperando unha actualización nos postos de traballo, melloras tecnolóxicas e laborais, o Goberno decidiu dar marcha atrás cos compromisos acadados en conversas cos representantes laborais. O motivo, segundo fontes sindicais, era o temor do Executivo a que o resto da Función Pública reclamase melloras iguais durante o período electoral.