Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2022 | Actualizada ás 14:02
A Xunta identificou dous casos de gripe aviaria en dúas aves silvestres que, segundo a Consellería do Medio Rural, estaban de paso por Galicia e non aniñan nin teñen colonias no país.
Os positivos están a ser analizados polos técnicos da Administración autonómica, que avalían os informes de laboratorio e as circunstancias e lugares de recollida das aves contaxiadas.
Así o trasladou este sábado a Consellería do Medio Rural, que apunta que, no caso de que se confirme a "alta patoxenicidade" dos casos, estes "serán declarados e comunicados ás autoridades competentes, para os efectos oportunos".
A Xunta resalta nun comunicado que o subtipo de virus de gripe aviaria declarado en Europa "non ten carácter zoonósico", é dicir, que non pode transmitirse desde os animais ás persoas a través da carne cociña, ovos ou produtos procesados.
Así mesmo, remarca que a detección de casos en aves silvestres "non afecta ao status sanitario das explotacións avícolas, nin aos movementos dos seus animais".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.