Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2022 | Actualizada ás 11:28
Os casos abertos nas últimas horas por Covid rexistraron un descenso en Galicia, pasando de 147, con datos ás 18,00 horas do martes, a 137, con cifras do mércores a esa mesma hora, segundo o último parte facilitado por Sanidade.
O descenso é xeneralizado en todas as áreas sanitarias con excepción de Vigo e Ourense que rexistran un leve repunte, máis significativo na primeira que pasou de 19 a 30. Na de Ourense, de 24 subiu a 29. Nas demais houbo un descenso, con 24 casos na da Coruña; 7 na de Ferrol; 15 na de Lugo, 10 na de Pontevedra e 22 na de Santiago.
En canto aos casos activos, son 1.570 fronte aos 1.514 do parte achegado na xornada anterior. Deles, 306 son na área sanitaria da Coruña e Cee; 199, na de Lugo, A Mariña, Monforte de Lemos; 287 na de Ourense; 184 na de Pontevedra e O Salnés; 233 na de Vigo; 245 na de Santiago-Barbanza e 113 na de Ferrol.
MENOS INGRESOS, TAMÉN EN UCI
Do total de pacientes positivos, diminúe o número de persoas ingresadas, tanto en unidades de hospitalización como en UCI, cun total 113 (sete menos). Son 111 en unidades de hospitalización e dúas en UCI. Hai tamén 1.457 persoas en seguimento nos seus domicilios.
Só A Coruña e Vigo teñen persoas ingresadas en UCI, cunha, respectivamente, e con 24 e nove en unidades de hospitalización. Nas de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago, non hai persoas ingresadas en unidades de coidados intensivos. Os pacientes en unidades de hospitalización son 9 en Ferrol; 11 en Lugo; 17 en Ourense, 16 en Pontevedra e 15 en Santiago.
Nas últimas horas non se notificaron novos falecidos co que o número de mortos con Covid desde o inicio da pandemia mantense en 3.886. Hai un total de 669.394 persoas curadas e 674.743 contaxiadas. O número de PCR realizadas é de 3.971.746 e o de dose de vacina administradas de 6.724.560.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.