A retranca galega é noticia nos medios británicos a conta do referendo de Escocia

Unha petición en Change.org que pedía que Galicia fora “parte integral” do Reino Unido se Escocia se independizara é noticia no Mirror.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/09/2014 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

Nunca un vídeo de Turgalicia tivo tanto impacto mediatico. E non fixo falta pagar suculentas sumas de cartos aos grandes medios galegos ou españois para que o difundan. Foi unha iniciativa cívica, chea de retranca e sen un peso en Change.org, a que lle ten dado unha visibilidade incrible a unha das campañas turísticas galegas que pasaría sen pena nen gloria.

Campaña de apoio á independencia de Escocia en Compostela
Campaña de apoio á independencia de Escocia en Compostela

Precisamente, este é o vídeo que o Mirror elixiu para mostrar aos seus lectores “o que podía ser a nova Escocia”. Basease nunha curiosa, retranqueira e divertida petición en Change.org, da que xa Galicia Confidencial deu conta a finais do pasado ano, e que pide ao primeiro ministro británico, David Cameron, que acepte a Galicia como "parte integral" do Reino Unido se Escocia se chegara a independizar.

"Nós os galegos somos conscientes do feito de que Escocia pode independizarse en 2014 e que este asunto é preocupante. Necesita pensar unha solución a este desafío porque esta é unha proposta innovadora que non será capaz de rexeitar", asegura Antonio Formoso, o autor da curiosa petición.

Así, entre os argumentos que expón para tentar convencer ao premier inglés é que Galicia tamén é unha nación celta, ten gaitas, ten un equipo que se chama Celta de Vigo --como en Glasgow--, ten unha paisaxe abraiante, "clans como os escoceses en abundancia con caciques incluídos", aos galegos gústalles beber coma os escoceses, en Galicia tamén chove moito e ten unha identidade "forte" como a de Escocia.

Ademais, destaca que as bandeiras dos dous países son semellantes, Santiago é coma Edimburgo, os galegos son moi traballadores, o acento dos galegos é máis doado de entender en inglés que o dos escoceses, os galegos falan "as linguas latinas máis faladas do mundo; o español e o portugués", "comparten o mesmo humor que os británicos; a retranca" e a "economía británica mellorará coa nosa industria de pesca, téxtil (p.ex Zara), turismo cultural (O Camiño de Santiago), as mellores praias do mundo".

Cidadáns escoceses festexan o anuncio da data para o referendo de independencia de Escocia
Cidadáns escoceses festexan o anuncio da data para o referendo de independencia de Escocia | Fonte: @YesScotland

Esta humorística petición xa chegou aos máis de 2.100 apoios na plataforma de change.org

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

7 Daniel

Seria um retrocesso na afirmação da cultura e língua galega, não é solução sair do seio de um estado e quer se meterem noutro, revelador de falta de personalidade. Mas claro os galegos são sempre livres de fazerem referendos e irem para onde lhes dá na gana. Aliás se o Reino Unido perdesse ou perder alguma das jóias da coroa rapidamente tentarão ir pescar noutra zona e claro Espanha será um território fértil para isso a começar pela Galiza ou País Basco.

6 Vendo_barato_mera

Non sei se o saberán os nosos retranqueiros galegos, pero o caso e que isto ven sendo máis ben doble retranca: Logo de que Galiza quedase libre das tropas de Napoleón, dende a Junta de Cádiz se negocióu darlle Galicia ao Reino Unido en troques de abastecemento para 100.000 soldados. Veña galeguiños, non sodes españois? pois entón aceptade esas vendas, miñas xoias.

5 galegoexiliado

Plis mister Camarón, don du it, gui jaf inof galegos in Londón. Ai rimain yu dat Mariano and Feijo ar galicians tu. Plis tranca la door y kip den aguei.

1 Cameron

Can do os has/to's come/on grey/lost

4 YES, YES

Ademais co mesmo horario natural Atlantico, non mediterraneo.

3 BEMVIDOS

Xa que Marianin dixo que Egpañá era un pais moi importante, estariamos nun pais moito mais importante que pinta mais no mundo. BENVIDOS BRITANICOS.