O 55% dos escoceses votaron NO á independencia e o 45% a prol dela. A participación foi dun 84,5% sobre os electores rexistrados. Os números son nidios abondo para concluir que Escocia quere seguer a partillar o Reino Unido moitos anos. Mais…
Si o líder do independentismo escocés, Alex Salmond, cumpre a súa palabra, a independencia de Escocia deberá esperar unha nova xeración.
Unha petición en Change.org que pedía que Galicia fora “parte integral” do Reino Unido se Escocia se independizara é noticia no Mirror.
Escocia dixo "NO, thanks" á independencia. Finalmente, os resultados non foron tan axustados como se agardaban, aínda que, a partir de agora, o Goberno británico deberá realizar todas as promesas que fixo nesta campaña, entre elas, a de máis autonomía.
Feijóo mostra as súas "dúbidas" sobre a oportunidade da consulta, mentres que representantes do BNG e CxG viaxaron a Edimburgo para apoiar aos independentistas.
Hoxe é o día. Case 4,3 millóns de escoceses (moitos deles por primeira vez e 100.000 entre 16 e 18 anos) votarán hoxe a súa independencia. Xosé Antón Pérez Lema está en Edimburgo. Esta é a súa crónica.
A suba do YES nas sondaxes de primeiros deste mes espertou unha campaña unionista que adurmiñaba. O tripartito a prol do non (conservadores,liberal-demócratas e laboristas) botou mán de toda a súa axenda. Outra cŕonica desde Escocia de Xoán Antón Vázquez-Lema.
Inglaterra e Escocia casaron en 1707, pero non foi unha voda por amor, senón un matrimonio por interese, inducido con subornos, espías como o novelista Daniel Defoe, pactos segredos e leas de alcoba entre os Hannover e os Estuardo. Nova crónica de @valentincarrera desde Edimburgo.
Andar a paus por unha soberanía medieval nin é pragmático nin é o que Alex Salmond quere que voten o 18S os escoceses, nin está nas mentes de Artur Mas e Oriol Junqueras no proceso catalán. Seguindo a Keating,o debate construtivo que debe interesarnos como europeos, xa sexamos escoceses, galegos ou cataláns, non trata tanto do final da soberanía como dunha nova fase, outro modo de organización política. Terceira Crónica de Valentín Carrera desde Escocia.
Nas propostas independentistas de Alex Salmond e o seu partido (Scotland´s Future) fálase sobre todo de interdependencia, de planear un futuro xuntos, en común coa súa familia e amigos, expresamente con Inglaterra, Gales e Irlanda do Norte. Do correspondente Valentín Carrera