Lucía C. Pan, gañadora de tres Mestre Mateo, recibirá o Premio Chano Piñeiro de emprendimiento audiovisual

O engardo de darlle o galardón é o Festival de Cinema de Ourense (OUFF), que se celebrará do 23 de setembro ao 1 de outubro,

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2022 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O Festival de Cinema de Ourense (OUFF), que se celebrará do 23 de setembro ao 1 de outubro, entregará o Premio Chano Piñeiro ao talento e emprendimiento audiovisual á directora de fotografía Lucía C. Pan (Cambre, 1984).

Este venres, o festival fixo público este galardón que se concede a Pan por "representar desde a fotografía o talento que aniña no audiovisual galego actual, na súa diversidade de formatos e a súa mestizaxe formal".

A directora de fotografía mostrouse "agradecida" por este recoñecemento. "É un premio tamén colaborativo, non só para os equipos de fotografía cos que traballo habitualmente. É un recoñecemento para o resto de departamentos fan forza connosco para construír novas narrativas e poder facer o que facemos", afirma.

Lucía C. Pan estudou Belas Artes na Universidade de Vigo e especializouse en fotografía cinematográfica pola Escac. Ao longo da súa carreira traballou en diversos proxectos de dirección de fotografía de curtos como 'Eco' (2015), de Xacio Baño, ou 'Matria' (2017), de Álvaro Gago. En 2018, foi premiada cun Mestre Mateo á mellor dirección de fotografía por 'Dhogs', de Andrés Goteira. Posteriormente, gañaría outros dous Mestre Mateos máis por 'Trote', de Xacio Baño, e ' Que fixemos mal?', de Liliana Torres. Na actualidade, roda 'Os Argonautas', a primeira serie infantil de imaxe real que producen a galega Portocabo e RTVE para Clan.

Lucía C. Pan. AGA
Lucía C. Pan. AGA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta