Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2022 | Actualizada ás 17:24
A Audiencia Provincial de Ourense ditou o arquivo da denuncia por inxurias presentada por un policía local contra o alcalde ourensán, González Pérez Jácome. No auto, difundido este martes polo gabinete do rexedor ourensán, a audiencia estima o recurso interposto por Jácome ao enteder que as expresións denuncias "non revisten a esixida grave intensidade de reproche" para "elevalas á consideración de delito".
Así, explica que "obxectivamente analizadas" as frases contidas no recurso e "ponderados os específicos termos incriminatorios da resolución recorrida", "non ostentan o grave carácter vexatorio esixido para viabilizar o seu enxuiciamiento no marco penal".
"Entra dentro do dereito á liberdade de expresión e manifestación de opinión", estiman os maxistrados no auto, firme e contra o que non cabe recurso ordinario algún. Tras coñecer a resolución xudicial que decreta o arquivo da caus, Pérez Jácome manifestou que "é a enésima denuncia sen base algunha" contra el neste mandato que "novamente é desestimada". "Para esta viaxe non facían falta alforxas", apostilou.
Ademais, a través das súas redes sociais, profundou nesta mensaxe e fixo público o nome do denunciante. "Dicía que o inxuriei cando chamei mafia policial a axentes como el, por sorte a maioría da Policía Local non forma parte deses grupiños", publicou Jácome.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.