A Coruña asina a súa unión á Declaración de París que reflicte o esforzo das cidades para dar resposta ao VIH

A alcaldesa, Inés Rey, tras o acto, sinalou que un dos obxectivos da Declaración de París é que para o 2030 esta enfermidade "estea erradicada ou polo menos moi contida".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2022 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

O médico internista do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac), Álvaro Mena, alertou de que un dos "problemas importantes" na actualidade respecto ao VIH é a existencia de "unha cantidade de diagnósticos tardíos que ten que mellorar". "Só pode mellorar se actuamos todos xuntos", engadiu.

Este experto en enfermidades infecciosas asistiu, como representante da Sociedade Galega Interdisciplinaria da Sida (Sogaisida), á firma da adhesión do Concello da Coruña á Declaración de París, unha iniciativa nada en 2014 que reflicte o esforzo conxunto de cidades de todo o mundo por dar resposta á epidemia de VIH.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, procedeu á firma desta adhesión nun acto coa presenza tamén da concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, e da presidenta do Comité Antisida da Coruña (Casco), Sonia Valbuena, entre outros.

Ao termo do mesmo, Mena destacou que, para erradicar esta enfermidade, é "fundamental" que os distintos axentes sociais traballen conxuntamente. "A clave é a mutidisciplinaridade e que existan medidas formativas e informativas comúns e con rigor".

CONGRESO ANUAL SOBRE SIDA

Ademais, lembrou que este venres e sábado celébrase na Coruña o décimo Congreso Anual sobre a Sida, coa participación de especialistas de toda Galicia.

A alcaldesa, tras o acto, sinalou que un dos obxectivos da Declaración de París é que para o 2030 esta enfermidade "estea erradicada ou polo menos moi contida".

"Os avances médicos conseguiron que unha persoa poida convivir coa enfermidade pero iso non implica que nos teñamos que relaxar", indicou.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, asina a adhesión da cidade á Declaración de París para erradicar a sida en 2030. ANDY PEREZ
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, asina a adhesión da cidade á Declaración de París para erradicar a sida en 2030. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta