Por E.P. | A Coruña | 29/09/2022 | Actualizada ás 17:16
A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de catro anos e nove meses de cárcere imposto pola Audiencia Provincial da Coruña a un home por cometer dous delitos de abusos sexuais, un deles continuado, sobre dúas menores, quen eran as súas veciñas.
O tribunal considera acreditado na sentenza que cometeu os abusos sobre unha delas en febreiro de 2020, cando a nena tiña sete anos, aproveitando que acudira coa súa irmá e outra menor, da que o procesado abusou desde os tres ata o sete anos, á súa leira a xogar.
Respecto ao fallo, o TSXG informa que a Sala, do mesmo xeito que os maxistrados de primeira instancia, entende probado que a veciña da que abusou desde os tres anos, debido á estreita relación que a súa familia tiña co condenado, acudía soa á súa vivenda.
"Atraída polos animaliños que o procesado tiña por alí e as atencións que lle brindaba nos seus xogos infantís". Durante as horas que pasaba na súa compañía, "en múltiples ocasións", sempre que non había adultos na súa propiedade, abusou dela.
O TSXG resalta que "non hai proba algunha" das "falacias maternas" ás que alude o condenado.
A Sala asegura que "houbo probas de cargo e de descargo, testificais, periciais e documentais", cuxo resultado é a culpabilidade do procesado. Contra a sentenza cabe presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.