Xunta e Estrella Galicia compran unha parcela en Arteixo para construír unha nova planta

O Goberno galego xa leva investidos no parque empresarial de Morás máis de 88 millóns de euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2022 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

A Xunta e a Corporación Hijos de Rivera subscribiron a compra dunha parcela no parque empresarial de Morás, no Concello de Arteixo, para impulsar unha nova planta de Estrella Galicia, unha iniciativa que foi declarada proxecto empresarial singular polo Goberno galego.

Así, a nova instalación ocupará unha superficie de máis de 466.000 metros cadrados, preto do 94% do terreo dispoñible para parcelas na Fase B desta área industrial. A Xunta lembrou que as obras de urbanización desta segunda fase xa están terminadas e xa foron recibidas polo Concello o pasado mes de xullo. De cara ao futuro, está previsto licitar proximamente o proxecto de urbanización da Fase C.

A Xunta de Galicia, a través de Xestur, encárgase da promoción do parque empresarial de Morás, comprando os terreos e encargándose da súa urbanización para pór as parcelas a disposición das empresas interesadas en construír as súas instalacións nesta área industrial.

Nesa liña, o Goberno galego xa leva investidos en Morás máis de 88 millóns de euros, tanto na urbanización como na dotación de accesos a este polígono. O obxectivo é pór a disposición das empresas unha superficie de máis de 1,5 millóns de metros cadrados de chan industrial, dos que xa están adxudicados preto do 70%.

Campionato de Tiraxe de Estrela Galicia. ESTRELA GALICIA
Campionato de Tiraxe de Estrela Galicia. ESTRELA GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta