GC Aberto

Precariedade

Por admin | GC ABERTO | 14/10/2022

Comparte esta noticia
Sinónimos: vulnerabilidade, inestabilidade, incertidume,

Manifestación en Santiago de Compostela do persoal médico de Atención Primaria de Galicia para solicitar maior tempo de atención aos seus pacientes
Manifestación en Santiago de Compostela do persoal médico de Atención Primaria de Galicia para solicitar maior tempo de atención aos seus pacientes | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

O 03/07/2022, o Presidente do goberno español, Pedro Sánchez, comparecía para informar do próximo Real Decreto Lei que modifica o Estatuto Marco do Persoal Estatutario nos Servizos de Saúde: “Impedirá cun profesional sanitario estra máis de 3 anos traballando cun contrato de interinidade sen ser funcionario”. A pregunta é obvia: pode un/ha traballador/a estar sen un contrato fixo despois de anos traballando? Que “empresa” permite esta anormalidade? Que empresa contrata por horas, por días ou por semanas, nun posto que pode variar o destino, por un tempo tan prolongado? E outra pregunta: como unha administración pública realiza este tipo de contratos? Quen controla as irregularidades? Con este Decreto, o “goberno prevé facer fixos a 67.300 sanitarixs”.

Tamén di que “os procesos de selección para a contratación de sanitarixs son excesivamente lentos e dilatados no tempo, ocasionando a necesidade de provisión temporal polo tempo necesario”... pero nós preguntamos: quen é responsable de que isto sucedera e siga sucedendo? As expectativas dun/ha traballador/a, que tarda moitos anos en conseguir poder exercer no Sistema Sanitario Público, son dun salario digno e unha estabilidade razoable. Si non é así: de quen é a culpa? E sabéndoo, por que non se lle pon remedio xá? Que fai ese

traballador/a: marchar!

O ex-xerente do SERGAS, José Flores, dixo “...tardaremos un lustro en resolver os problemas da AP”. Como é posible que un responsable sanitario, que ten na súa man a posibilidade de atallar un problema gravísimo, non o fixera? Que goberno (neste caso o de Galiza) permite que a situación se perpetúe no tempo e non teñamos visos de solución?

A reivindicación mantida no tempo e por diferentes responsables políticxs (incluído o Presidente Rueda, é: “que se aumenten as prazas MIR e que se faga un MIR extraordinario para solucionar esta situación”. Acaba de convocar 106 prazas (non o fixo o goberno central...) e presentáronse 353 Médicxs: deixa fóra 247 profesionais que poderían empezar mañá a traballar (e non un lustro). Xs profesionais xa estaban traballando no Sistema...

Tamén nos preguntamos, porque non sustitúen Enfermeirxs, PSX, Traballadorxs Sociais, etc.? Se o que faltan son Médicxs...non será unha extratexia para deteriorar e seguir privatizando o Sistema Sanitario Público?

Sabemos que o SERGAS ten 469 Médicxs/100.000 habitantes, estando á cola do estado español que ten unha media de 499. Non teremos uns/has responsables políticxs que o que non queren é resolver o principal problema que ten unha persoa que é a súa saúde? Neste sistema, a todxs se lles enche a boca ao dicir “que temos o mellor Sistema Sanitario DO MUNDO”. É certo, pero se non se dota do orzamento axeitado e persoal suficiente, convírtese nun moi mal sistema, que fai auga polo prioritario. Podemos ter moito aparataxe, pero se non temos unha persoa que nos atenda cando o necesitamos, de que nos vale?

Saíron as listas de agarda (agora se fai 2 veces o ano e con retraso, cando se facía 4 veces o ano) e vemos que sigue alargándose o tempo para ser atendidx nunha primeira consulta, nunha proba diagnóstica ou nunha intervención cirúrxica. Que responsables políticxs permiten isto? Por que non se invirte o necesario (o goberno Galego ten 1.100 millóns de euros este ano de orzamento) e así podríamos paliar a falta de profesionais sanitarixs?

Tamén sabemos que o goberno Galego, pechou 1.056 camas hospitalarias (según o IGE) desde o 2009 que chegou ao poder na Galiza. Tamén nos di o IGE que os Centros de Saúde contaban no 2004 con 405 Pediatras e en 2021 tiñamos 318... e 192 concellos carecen deste servizo.

Ísto é “...puntual, circunstancial,...”, como di Rueda, ou é algo premeditado e sufrido por unha poboación que está farta da precariedade na atención sanitaria?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta