Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2022 | Actualizada ás 10:04
Os hóspedes dunha casa rural do Rosal tiveron que ser reacollidos noutro establecemento despois de declararse un incendio provocado pola freidora do restaurante do local.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 21,30 horas nun establecemento de turismo rural situado na parroquia das Eiras.
Os servizos de extinción lograron apagar o lume, que non causou danos ás persoas pero si obrigou a desaloxar a todos os ocupantes da casa pola presenza de fume.
Ademais, outro incendio calcinou o almacén dun restaurante de Narón. As chamas declaráronse ás 03,30 horas deste luns no lugar da Feira dos Trece, na parroquia de Fedes.
Desprazados ao lugar, os bombeiros sufocaron as chamas, que tampouco causaron feridos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.