Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2022 | Actualizada ás 16:46
O XXIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil e Pontevedra terá lugar entre o 21 de abril e o 7 de maio, contará con Colombia como país invitado e homenaxeará ao escritor Manuel Lourenzo e á ilustradora Maife Quesada.
A concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra, Carmen Fouces anunciou estas novidades, así como o tema sobre o que virará o Salón, que será "o xogo", tal e como propuxo unha nena durante a última edición deste evento.
Carmen Fouces citou ao pedagogo italiano Francesco Tonucci para lembrar que "xogar é unha cousa moi sería" xa que, segundo destacou, "o xogo e a lectura son as ferramentas coas que se desenvolven cognitiva e emocionalmente as persoas e conforman os adultos" do futuro. Facéndolle unha chiscadela a outro pedagogo italiano, Gianni Rodari, que ten unha obra titulada 'Contos para xogar', o Salón terá a lema 'Libros para xogar'.
Fouces tamén explicou que se elixiu a Colombia como país convidado porque "é un gran exemplo de como a cultura pódese empregar como ferramenta de transformación da contorna" e detallou como traballaron en zonas moi desfavorecidas "nas que, mediante o libro, a lectura e a cultura en xeral leváronse a cabo importantes cambios nesa sociedade".
Así, o Salón do Libro contará con mediadores, autores e cidadáns colombianos, "para que conten esa experiencia" e tamén para que transmitan a súa cultura. En canto aos homenaxeados, Manuel Lourenzo González é profesor e escritor e ademais foi director do Salón do Libro durante varias edicións e Maife Quesada é unha ilustradora pioneira en Galicia que empezou a traballar nos anos 80.
Fouces adiantou que para 2023 "vén un Salón cheo de vida, de xogo, de alegría", así como "cheo de gratitude ás persoas que traballan, pican pedra e levantan a literatura e a cultura deste país".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.