Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 24/10/2022 | Actualizada ás 17:03
O escritor lucense, Lois Pérez, faceta que combina, entre outras coa de profesor, gañou o Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña. O xurado da XVI edición fíxoo pola súa obra 'A tribo do mar'.
No seu fallo, destaca da obra gañadora as "diferentes voces" para mostrar "un relato que recolle a realidade actual da emigración". Tamén resalta o "estilo áxil e atractivo" co que está escrita para o público xuvenil ao que vai destinada.
Este ano, a convocatoria deste premio compleméntase coa posta en marcha do club de lectura 'Raíña Lupa' baixo o lema 'Non hai idade, hai literatura'.
A iniciativa ten lugar na Biblioteca Provincial e este venres o encontro estará protagonizado por Ledicia Costas e Manuel Rivas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.