A mineira de San Finx e Varilongo cambia de nome e propiedade para impulsar novos proxectos

A que se viña chamando Rafaella Resources pasa a chamarse Pivotal Metals Limited. No mes de novembro presentarase a nova marca en Londres durante o salón Mines and Money, xunto co proxecto de megaminaría a ceo aberto no Xallas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/10/2022 | Actualizada ás 10:39

Comparte esta noticia

Fai tres anos que Rafaella Resources se fixo cargo da mina de Varilongo, en Santa Comba, e un ano desde que aceptou facerse cargo da de San Finx, en Lousame. Tras estar exposta a numerosos procesos xudiciais que involucran ambas as dúas minas e baixar a cotización da mina a mínimos históricos, a empresa ven de comunicar aos seus inversores o cambio de denominación, adoptando o de “Pivotal Metals Limited”, que xa rexistrou a matriz nun proveedor de dominios español.

Mina de San Finx, en Lousame
Mina de San Finx, en Lousame | Fonte: Ecoloxistas en Acción.

A mudanza anunciarase en Londres durante o salón Mines and Money, onde tamén pretende vender a novos accionistas un proxecto de megaminería a ceo aberto en Santa Comba, xusto cando pode perder definitivamente as concesións, así como unha inviable reactivación da mina de San Finx.

"En realidade, a compañía asumira a súa anterior denominación mediante unha estratexia denominada “back-door listing”, pola que un grupo de inversores compra unha empresa cotizada pero sen actividade, para fuxir dos requisitos dos reguladores bursátiles a novas empresas cotizadas", denuncia Ecoloxistas en Acción nun comunicado.

Así, denuncia que esta manobra foi facilitada por Starboard Global Ltd., empresa con sede no paraíso fiscal das Illas Virxes Británicas e oficinas en Hong Kong, que mantén o control efectivo sobre tanto sobre Pivotal Metals como de EuroBattery Minerals. Esta última, formalmente sueca, está promovendo outra megamina a ceo aberto noutra parte das concesións caducadas de Santa Comba, no chamado proxecto Corcel, situado entre Castriz e Coristanco.

"Desde Ecoloxistas en Acción e as plataformas veciñais que se opoñen aos proxectos de minaría destructiva e contaminante en San Finx, Varilongo e Castriz, deixan claro que a mudanza de denominación non engana a ninguén, e que seguirán impulsando os procesos xudicias en curso e denunciando a actividade de Pivotal Metals en todas as instancias ata que se asuman e depuren as responsabilidades ambientais existentes", conclúen os ecoloxistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta