Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2022 | Actualizada ás 11:08
As axudas para familiares de mariñeiros falecidos, que poden alcanzar ata os 3.000 euros, pódense pedir desde este mércores e ata o próximo 15 de decembro de 2023. A Consellería do Mar publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) deste martes as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos en accidente laboral para o ano 2023.
Segundo a orde, haberá axudas de 3.000 euros para a viúva ou parella de feito da persoa falecida, así como 1.000 euros para cada fillo menor de 21 anos. O orzamento para estas axudas é de 50.000 euros.
Desta forma, a orde inclúe como profesionais do mar aos tripulantes galegos de calquera tipo de embarcación e pavillón, tripulantes non galegos que coticen no Réxime Especial do Mar nun pesqueiro con porto basee en Galicia, mariscadores e traballadores de viveiros flotantes en augas da Comunidade. Así mesmo, terán a consideración de persoas falecidas para os afectos da orde cando leve desaparecida 10 días desde a data na que se produciu o sinistro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.