Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2022 | Actualizada ás 10:10
Un home morreu na madrugada deste mércores ao ser atropelado cando camiñaba pola calzada da autovía A-6 ao seu paso polo municipio coruñés de Aranga. Segundo trasladou o CIAE 112 Galicia, a central de emerxencias recibiu varias chamadas ao redor das 06,00 horas nas que alertaban da presenza dun home a pé na autovía. Un das persoas que contactou co 112 asegurou que o home parecía desorientado.
A central pasou o aviso á Garda Civil de Tráfico, que mobilizou unha dotación ata os arredores do punto quilométrico 554, onde fora avistado o home. Unha vez alí, os axentes descubriron que fora atropelado, sen que os profesionais sanitarios de Urxencias Sanitarias 061 puidesen facer nada pola súa vida. O suceso obrigou a interromper a circulación de vehículos nun dos carrís da autovía debido á intervención dos servizos de emerxencias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.