Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2022 | Actualizada ás 18:30
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) animou a participar nas campañas de doazón de sangue, especialmente dos grupos A+, 0+ e 0-, ante os niveis baixos das reservas dos hospitais.
Así mesmo, a Consellería de Sanidade puxo a disposición cidadá distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, que percorrerán estes días os concellos e cidades galegas para conseguir as doazóns necesarias.
Segundo un informe que trasladou o Servizo Galego de Saúde (Sergas), os hospitais necesitan entre 400 e 500 doazóns diarias para realizar a súa labor. Neste contexto, ADOS solicitou un "esforzo especial" para incrementar as reservas de sangue.
"DOAR É SINXELO E SEGURO"
Desta maneira, lembraron que pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e non padeza, nin padecese, enfermidades transmisibles por vía sanguínea.
Ademais garantiron que é un acto "sinxelo" e "seguro" que permite salvar vidas e solucionar os problemas de saúde de moitas persoas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.