Por Galicia Confidencial | Verín | 01/12/2022 | Actualizada ás 09:30
O Ciclo Mestre Mateo é un circuíto de cinema galego impulsado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña, a vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Pontevedra e a Deputación de Ourense. Foi pensado para achegar o cinema galego a concellos e vilas que desexasen incluír na súa oferta cultural o máis destacado do audiovisual do país.
Jacinto, é o novo filme dirixido por Javi Camino no que mistura algo de “terror rural” e outro tanto de sentido do humor ambientado na Galicia. A película, estreada en Sitges, conseguiu o emocionante premio a Mellor Interpretación Masculina Protagonista, outorgado de forma póstuma a Pedro Brandariz, falecido en febreiro de 2022, o de Mellor Dirección de Arte, Mellor Maquillaxe e Salón de peiteado e Mellor Vestiario nos Premios Mestre Mateo 2022.
O filme está programado para o vindeiro 2 de decembro no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Verín e a entrada é de balde.
SINOPSE
Jacinto é un adulto coa mentalidade dun neno. Vive en Mallou, unha sombría aldea abandoada entre as montañas, cos seus pais e o seu porco Martiño. A morte da súa mascota e a chegada de dúas novas veciñas estranxeiras porá o seu mundo patas arriba. Jacinto sospeita que as recén chegadas son vampiras que planean rematar coa súa familia para controlar a aldea. Para impedilo, porá en práctica todo o aprendido vendo pelis de terror.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.