Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2022 | Actualizada ás 13:22
A II edición dos Premios Alfredo Iglesias terá o lugar o luns, 16 de xaneiro de 2023 no Auditorio Constante Liste, no concello de Teo. Estes galardóns afondan nas traxectorias persoais e na relación que teñen co país as súas gañadoras e gañadores, salientando o valor da cultura e a súa promoción desde unha perspectiva de auténtica normalidade. Destacan, asemade, o compromiso social desde a posición da igualdade que proxecto a proxecto veñen demostrando.
Na anterior edición foron merecedoras Guadi Galego, Marilar Aleixandre, Maruja Limón, Begoña Vila, Helena Villar Janeiro e María Mera, entre outros, causando unha gran expectación polo número de mulleres que recibiron este recoñecemento.
Nesta edición a presenza feminina acapara a gran maioría dos premios que se darán. As galardoadas son Mercedes Peón, Luz Beloso, Elena Ferro, Estíbaliz Espinosa, Diana Nogueira, Mamá Peixe e María Xosé Rodríguez. Polo tanto, dos nove galardóns, sete irán a parar a mans dunha muller.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.