Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2022 | Actualizada ás 13:07
O número 87.092 resultou agraciado co último dos oito quintos premios do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 60.000 euros á serie. Deixou tres millóns de euros en Santiago de Compostela e un décimo vendido en Xinzo de Limia, A Illa e Vigo. O número foi cantado ás 12.45 horas no décimo arame da sétima táboa.
Entre as administracións que repartiron máis sorte deste número está a situada na Praza de Cervantes de Santiago, que vendeu 50 series do 87.092. Este ano, a emisión consta de 180 series, oito máis que en anos anteriores cando había 172 series, de 100.000 números cada unha. Dita emisión ascende aos 3.600 millóns de euros, dos que se reparten un 70 por cento en premios, é dicir, que se repartirán 2.520 millóns de euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.