Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2022 | Actualizada ás 13:59
A Xunta responsabilizou á xestión do Goberno central de que vaia a concluír o ano 2022 sen a convocatoria das axudas ás producións cinematográficas en lingua galega.
Así o manifestou o director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, en resposta a unha pregunta formulada pola deputada do BNG Mercedes Queixas durante a Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento galego.
Alí, Sutil asegurou que as axudas recollidas nos orzamentos do Estado para 2022 de 1,2 millóns de euros para producións en galego --dentro das subvencións ás linguas cooficiais-- non puideron ser convocadas polos "atrasos" do Goberno central á hora de autorizar o uso destes fondos polas comunidades.
O responsable do Executivo galego incidiu en que o Estado deu "moi pouca marxe" para que estas axudas puidesen convocarse en 2022 e defendeu que a Xunta traballa en que poidan saír adiante proximamente.
Pola súa banda, Queixas cargou contra a Xunta, á que acusou de ser "irrelevente" e de carecer de "previsión" e "planificación" para apoiar ao sector audiovisual aínda cando non se trata dos seus propios fondos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.