Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2022 | Actualizada ás 14:30
O pai da nena Desirée Leal, asasinada en Muimenta en 2019, confiou este mércores en que se arquive a denuncia interposta contra el por ameazas pola actual parella da súa exmuller, acusada o crime.
Neste sentido, José Manuel Leal explicou que dúas testemuñas xa acreditaron que "non viron nin ouviron nada" en relación a estas ameazas, mentres que queda por declarar un terceiro. "Non houbo ameazas. Isto é a maldade humana que non ten límites. Que se pode esperar dunha persoa que vai defender a unha asasina", dixo, sobre a parella da súa exmuller, que volverá ser xulgada por este crime a partir do 27 de febreiro, despois de que a sentenza inicial, a prisión permanente revisable, fose anulada por defectos na argumentación do xurado popular.
Noutra orde de cousas, José Manuel Leal, confirmou que participa en Madrid nunha campaña de recollida de firmas contra a nova Lei de Familias, confesando que se opón á retirada do 'Pin Parental'. "Esas son cousas que non quixese para a miña pequena Desirée", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.